Actualidade

 15/05/2024

A Xunta reivindica a xestión do Bono Alugueiro da Mocidade, que esgotou crédito con máis de 5.000 axudas concedidas

Martínez Allegue cualifica de “exemplar” a xestión e subliña que o Goberno galego cumpriu “rigorosamente” tanto coa tramitación como cos prazos, tendo executado a totalidade dos fondos asignados a Galicia nun prazo de tres meses desde que rematou o prazo de presentación de solicitudes: “Todos os bonos de alugueiro para a mocidade concedidos pola Xunta están pagados”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas explicou que a Xunta concedeu entre decembro de 2022 e xaneiro de 2023 a totalidade das axudas, 4.094, esgotando o crédito

Posteriormente, entre febreiro e novembro do pasado ano foron concedidas outras 1.159 axudas máis, cos fondos que quedaron liberados despois de que algúns beneficiarios das axudas renunciasen ou a perderan por non xustificar o pago do alugueiro