PROCEDEMENTO
1º paso: A autopromoción de vivendas
2º paso: Prezos máximos vivendas
3º paso: Cumprimento dos requisitos para poder acceder as axudas
4º paso: Tipos de axudas
►
1º paso: A AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA
¿Que é a autopromoción?
Autopromoción é cando o propietario realiza a construción da súa propia vivenda. O Instituto
Galego da Vivenda e Solo (en adiante IGVS) impulsa a autopromoción de vivendas de protección
autonómica, mediante a concesión de axudas económicas .
¿Qué debe indicar na súa solicitude? Debes indicar que solicita:
1) A declaración provisional de vivenda de protección autonómica para a
vivenda que pretende construír, tendo en conta que, dependendo dos seus ingresos, hai 3 tipos de
rexímenes de vivendas.
-
Réxime especial. Se ten ingresos que non exceden de 2,5 veces o Indicador Público
de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
-
Réxime xeral. Se ten ingresos que non exceden de 4,5 veces o IPREM.
-
Réxime concertado. Se ten ingresos que non exceden de 6,5 veces o IPREM.
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares
:
Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casiñas 455 e 465
da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS
computará como se houbera un membro máis.
Nunha ficha aparte atopará a táboa de ingresos máximos
2) As axudas estatais.
¿Onde se presenta a solicitude?
Unha vez cuberta a solicitude xunto coa documentación requirida pode enviala a través
de:
- Os rexistros de calquera órgano administrativo da administración xeral do Estado, das
Comunidades Autónomas, da Administración Local se subscribira o oportuno convenio
- As oficinas de correos.
- As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
Ir ao comezo
►
2º paso: PREZOS MÁXIMOS DA VIVENDA
Hai que ter en conta o seguinte:
O prezo máximo da vivenda será o valor da edificación sumado ao do solo que figure na
declaración de obra nova e incluirá os pagos que sexan imputables ao custe da vivenda, por ser
precisos para levar a cabo a promoción e a individualización física e xurídica desta.
Se entenderán por gastos necesarios: os honorarios de xestión, os de escrituración e inscrición
do solo, os de declaración de obra nova e división horizontal, así como os do préstamo hipotecario,
seguros de percepción de cantidades a conta e outros análogos.
O prezo máximo da vivenda non pode superar os prezos por m2 de superficie útil indicados
nunha ficha aparte.
Ir ao comezo
►
3º paso: CUMPLIMENTO DOS REQUISITOS PARA PODER ACCEDER AS AXUDAS
Para acceder ás axudas para autopromoción de vivenda protexida será preciso cumprir os seguintes
requisitos:
- Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha
vivenda suxeita a protección pública en España.
- Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por
causas que non lle fosen imputables ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a
mesma determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais exceda do 40% do prezo da
vivenda que pretende construír.
Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias
que as teñan ao cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas o
corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismo.
- Que resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de
Galicia.
- Non obtivera axudas financieiras nin préstamo convido para o mesmo tipo de actuación durante os
dez anos anteriores a solicitude actual (non terán que cumprir este requisito as persoas separadas
ou divorciadas ás que non se lles adxudicara a vivenda familiar, as mulleres vítimas de violencia
de xénero, as vítimas do terrorismo, as persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente
recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo).
- Obter a cualificación definitiva de vivenda protexida.
- Dispoñer duns ingresos mínimos de 0,7 veces o IPREM. Nunha ficha aparte poderá ver a súa
equivalencia en euros.
- Non superar os Ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que constrúa: réxime
especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral 4,5 veces IPREM e réxime concertado 6,5 veces
IPREM.
Ir ao comezo
►
4º paso: TIPOS DE AXUDAS QUE PODE SOLICITAR
|
TIPOS DE AXUDA QUE PODE PERCIBIR
|
|
ESTATAIS
|
COMUNIDADE AUTÓNOMA
|
|
1º. Préstamo convido
|
Subvencións
|
|
2. Subsidiación
|
|
Debe saber que:
Só poderá obter finaciamento para 90m2 de vivenda, e para 8m2 de rocho e 25m2 de garaxe ou
anexo.
O dereito ao préstamo obtense coa declaración provisional da vivenda como protexida e
poderá ter un período de carencia que rematará na data da cualificación definitiva da vivenda e
como máximo aos 4 anos da formalización do préstamo.
Para acollerse as axudas da Subsidiación e da Comunidade Autónoma é necesario:
- Ter a cualificación provisional da vivenda protexida de réxime especial ou xeral.
- Te formalizado o préstamo convido.
- Non pode ter sido propietario/a dunha vivenda salvo que fora privado do seu uso por causas que
non lle fosen imputables, ou cando o valor da vivenda de acordo co Imposto de Transmisións
Patrimoniais non exceda do 25% do prezo da vivenda que pretendes construír. Son excepcións deste
suposto os seguintes casos:
- As mulleres vítimas de violencia de xénero.
- As vítimas do terrorismo.
- As persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as
teñan ao seu cargo.
1)
O préstamo convido
Pode solicitar directamente o préstamo a calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de
Vivenda.
A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do valor conxunto da edificación e do solo que
constara na escritura de declaración de obra nova co límite de 90 metros cadrados para a vivenda,
25 metros cadrados para o garaxe ou anexo e 8 metros cadrados para o rocho.
O tipo de xuro será fixo ou variable, a elección do promotor.
O préstamo non terán comisión ningunha.
Estará garantido con hipoteca.
Prazo de amortización do préstamo: 25 anos como mínimo pero poderá ser obxecto de amortización
anticipada. Poderá ter un período de carencia de 4 anos como máximo que finalizará coa
cualificación definitiva.
2)
A subsidiación do préstamo convido:
¿Qué é a subsidiación?
Consiste nun desconto da cota mensual do préstamo convido, que se concederá por un período
inicial de 5 anos. Poderá ser renovado durante outros dous períodos de igual duración.
¿Quen pode obter a subsidiación?
Os promotores para uso propio de vivendas protexidas de nova construción de réxime especial ou
xeral, que obtiveran o préstamo convido.
A subsidiación terá lugar cando se inicie a amortización do préstamo.
No cadro seguinte podemos ver as contías da subsidiación por cada fracción do préstamo de 10.000
euros:
|
Ingresos dos adquirentes
(Número de veces o IPREM)
|
Subsidiación xeral
(Euros por cada 10.000€ de préstamo)
|
Subsidiación se está nalgún destes supostos (euros por cada 10.000€ de
préstamo):
- Familias numerosas.
- Familias monoparentais con fillos.
- Persoas dependentes, con discapacidade recoñecida e
familias que os teñan ao cargo.
|
|
Menor ou igual a 2,5
|
155
|
155
|
|
Entre 2,5 e 3,5
|
80
|
113
|
|
Entre 3,5 e 4,5
|
60
|
93
|
AXUDAS COMUNIDADE AUTÓNOMA
:
Pode solicitar as axudas da Comunidade Autónoma cando estea aberta a
convocatoria anual mediante o modelo de solicitude que aparece na paxina web e que
tamén pode obter nas oficinas de información do IGVS e achegando a documentación que se indica.
|
AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
|
- Unidades familiares con ingresos que non excedan de 2,5 veces IPREM.
- Con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM:
- Persoas que acceden por 1ª vez a unha vivenda.
- Xóvenes menores de 35 anos.
- Persoas maiores de 65 anos.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Vítimas do terrorismo.
- Afectados por situacións catastróficas.
- Familias numerosas de menos de 5 fillos.
- Familias monoparentais con fillos.
- Persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu
cargo.
- Persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias e
compensatorias.
|
- Familias numerosas de 5 ou máis fillos
|
- Persoas con ingresos que non excedan de 1,5 veces IPREM nos casos seguintes:
- Persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
- Emigrantes retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación
de necesidade.
|
|
2.000€
|
4.000€
|
Axuda do 25% do prezo da vivenda co límite de 17.000€
|
|
Se acredita pertencer a máis dun destes colectivos a subvención será de 2000€ por
cada circunstancia.
|
Subvencións non acumulables
|
|
Subvencións acumulables entre si e ás do Estado
|
Réxime legal das vivendas
Destino. A vivenda deberá destinarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.
Duración. O réxime de protección das vivendas estenderase como mínimo por 30 anos.
Transmisión da propiedade
:
Non poderá transmitir a propiedade da vivenda ata que transcorran polo menos 10 anos desde
cualificación definitiva.
Transcorridos 10 anos desde a cualificación definitiva, a transmisión da vivenda provocará que o
préstamo perda a condición de convido e que a entidade de crédito poda resolvelo.
A venta destas vivendas so poderá efectuarse a persoas que cumpran cos requisitos establecidos e
por un prezo máximo fixado polo IGVS.
As vivendas estarán sometidas ós dereitos de adquisición preferente, tanteo e retracto da
administración.