Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adxudicou as obras de
reparacións no grupo de 48 vivendas de promoción pública da rúa San Francisco, en Cambados
(Pontevedra), correspondentes á fase II, bloques 7-9,11-13 e15-17, que se prevé iniciar neste mes
de setembro.
As obras permitirán solventar problemas coas condicións de estanquidade e illamento
das vivendas, así como a mellora das redes de subministro de auga e electricidade e a de
saneamento.
As obras as realizar son as seguintes:
1. Cubertas: substitución dos actuais canlóns por uns novos de zinc. Non están
previstas outras actuacións en cuberta por estar renovadas recentemente.
2. Fachadas: illamento térmico polo exterior mediante sistema tipo
"coteterm".
3. Muros baixo rasante: picado e rexuntado do muro de pedra.
4. Carpintería Exterior: substitución das actuais carpinterías exteriores por unhas
novas realizadas en madeira de iroko tratado. Colocación de contras de madeira. Acristalamento
mediante vidro illante.
5. Elementos Comúns: demolición das escaleiras e nova construción en estrutura
metálica e peldaño de madeira sobre reforzo de chapa metálica.
6. Instalación Fontanería: renovación da instalación común de fontanería, incluíndo
acometidas, contadores e redes xerais.
7. Ventilación: para recuperar a ventilación dos actuais tiros verticais é
necesario a renovación dos baños dado que estes tiros verticais discorren por tabiques
destes.
8. Saneamento: neste proxecto está prevista a realización da preinstalación das
acometidas cara a unha próxima conexión coa futura rede xeral do concello.
9. Instalación eléctrica: centralización dos actuais contadores, que están
instalados na entrada de cada vivenda. Renovación das derivacións individuais ás vivendas e
dotarase á escaleira de alumeado temporizado.
A obra foi adxudicada á empresa Winterra, S.A por un importe de 817.377,04 euros e
prevese o seu inicio no mes de setembro.