Actualidade

 30/04/2024

A Xunta amplía a colaboración co Consello da Avogacía Galega para a prestación de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda

O acordo de cooperación inclúe como novidade un servizo de intermediación entre as persoas en situación de vulnerabilidade económica que están en risco de perder a súa vivenda habitual e grandes tenedores

O obxectivo deste convenio é ofrecer asesoramento xurídico en materia de vivenda nos casos non incluídos na asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio

Os cidadáns poden acceder a un servizo gratuíto e personalizado que lles permite coñecer os programas existentes para evitar a perda da súa vivenda, así como para facer fronte a eventuais situacións de ocupación ilegal