Actualidade

 08/05/2024

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas demanda ao Ministerio a cesión en usufruto ou gratuíta de vivendas da Sareb para uso social, a inclusión da Galicia no programa “Viena” e máis fondos para a mellora da eficiencia enerxética de vivendas

A reunión bilateral entre a conselleira e a ministra se desenvolveu nun clima de cordialidade, conscientes do problema de acceso á vivenda en todo o país

A conselleira demandou, unha vez mais, a cesión gratuíta das vivendas que a Sareb ten na nosa comunidade autónoma nos concellos onde existe demanda residencial, comprometéndose a ministra a dar unha resposta ao respecto

Martínez Allegue lembrou que a Xunta executou o 100 % dos fondos para mellora da eficiencia enerxética transferidos a Galicia polo que reclamou o incremento dos mesmos. Neste aspecto, a ministra recoñeceu a xestión da comunidade galega